PRESENTACIÓN
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOTICIAS
  LOCALIZACIÓN
  ENLACES
  CONTACTO
A Memoria dun Pobo
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy,presentará este domingo,24 de Abril na Illa de San Simón,a película "A Memoria dun Pobo" dentro do programa do Festival en Curtos de Redondela. Para poder subir o barco poderanse mercar os tikects no multiusos de Redondela o sábado dia 23 a partir das 17:00 (Tikects a venda ata completar o aforo).Por motivos de calado o embarque sera no muelle do Museo Meirande(Rande)a partir das 10:00 h e para aparcar disponse da esplanada do porto, baixada a Vierasa. Adxuntamos o cartel da actividade. A película e unha parte do traballo que está a facer ó Obradoiro recollendo a memoria de persoas maiores da Parroquia donde nos dan o testimonio das suas vivencias. Coa finalidade de concienciar os cidadáns da necesidade da recuperación, conservación e divulgación do patrimonio cultural que todos os pobos herdan das xeracións máis vellas, naceu esta actividade para a recuperación da memoria de Cesantes dentro do Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. Esta historia cultural atopámola nas persoas da terceira idade da parroquia de Cesantes a través das experiencias vividas e que nos deixan o testimonio para o conocemento dás novas xeracións que compoñen o noso pobo. Os especialistas resaltan a importancia da memoria como o “alicerce do patrimonio cultural dos pobos, porque aquela fornece a identidade colectiva e permite analizar as relacións das comunidades locais coa natureza e coa cultura que herdaron do pasado e transmitiron en cada xeración”. Enténdese que a recuperación da memoria histórica, fai referencia a reflectir a experiencia vital dunha persoa, é dicir, a autobiografía daqueles que en calquera momento da súa vida confiaron a súa memoria á escritura como testemuña dos seus recordos en calquera dos xéneros da memoria: diarios, cartas, ou relatos autobiográficos. Trátase, pois, de testemuñas persoais do seu paso pola historia da xente que compón un pobo, recordos da súa loita pola vida nos momentos mais difíciles, que deben servir ás novas xeracións para coñecer con qué esforzos e sufrimentos foron forxando o presente. Recoller a memoria dos últimos 80 anos do noso pobo,a historia, contada polos propios protagonistas é o mellor medio para evitar o esquecemento destes feitos e transmitir as vivencias dos mariñeiros e campesiños que viviron nestas terras así como o papel tan relevante que tiveron as mulleres dentro da economía e a transmisión de coñecementos a nivel social, e a súa conservación e coñecemento correspóndenos agora a nos. Os nosos avós son arquivos viventes dos feitos acontecidos na nosa parroquia, podendo na actualidade recollerse a información dos primeiros anos do século pasado e que por tanto estes feitos marcaron os distintos procesos de cambio que se deron na nosa sociedade tanto a nivel económico, político, cultural, social, ..

volver