PRESENTACIÓN
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOTICIAS
  LOCALIZACIÓN
  ENLACES
  CONTACTO
Presentación charla-coloquio traballos do campo
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy,seguindo co ciclo oficios perdidos, ten o pracer de invitalo á charla coloquio “traballos no campo” que se celebrará o Sábado día 5 do Nadal,no Círculo Cultural Deportivo de Cesantes. O acto dará comezo as 19:00 horas coa presentación dun vídeo. Seguidamente abriremos a charla-coloquio e os veciños tomarán a palabra para describirnos como era o traballo do campo.(Os usos do arado,das máquinas, os cultivos e as épocas de sembra, recollida,os animais e a súa importancia etc...) Durante o acto,farase entrega dos premios os gañadores do concurso de fotografía que organiza cada ano o Obradoiro. Abrirase ó público a exposición con todas ás fotos presentadas nesta X edición.

volver