PRESENTACIÓN
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOTICIAS
  LOCALIZACIÓN
  ENLACES
  CONTACTO
Bases concurso de fotografía
-XI CONCURSO FOTOGRÁFICO Organiza:Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy TEMÁTICA LIBRE Cño. A Cavada,10 O Coto- Cesantes 36693 Redondela (Pontevedra) Tfno: 670 22 43 52 Web: www.estudoslocais.org obradoiro@estudoslocais.org Obradoiro de estudos Locais Fernando Monroy @Obradoiro2005 Bases do concurso: 1.- O XI Concurso Fotográfico do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ademais de ter por obxecto incentivar a actividade fotográfica sobre a nosa contorna, busca conseguir as mellores instantáneas e potenciar así a súa difusión e coñecemento, todo conforme ás bases que se presentan nesta convocatoria. 2.- Os participantes serán todas aquelas persoas interesadas no concurso, non sendo preciso ser socio do Obradoiro, quedando encadradas en dúas categorías: Xuvenís ou menores de 16 anos e adultos ou maiores desa idade. 3.- As fotos deberán ser inéditas, sendo rexeitado todo aquel material que non cumpra os requisitos preestablecidos. 4.- Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por concursante. Faranse obrigatoriamente nos dous formatos: Dixital (calquera soporte de almacenamento dixital) e Impresas. As fotografías impresas non poderán exceder do tamaño estandar 20x30 cm (Aproximadamente DIN A 4) en papel fotográfico e deberán ser presentadas sobre soporte ríxido cartón pluma, paspartú ou cartolina cun tamaño mínimo de 20x30. 5.- Os sobres coas fotos poderanse entregar tanto persoalmente,como enviar por correo ordinario ó enderezo do Círculo Cultural Deportivo de Cesantes: Estrada Cesantes Nº28 CP 36693 Cesantes –Redondela (Horario de entrega de 14:00 a 21:00 horas) 6.- Para garantir o anonimato dos traballos, todas as fotos, deberán ir identificadas por un pseudónimo, e un título para cada fotografía. Toda a obra deberá ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo do/a concursante. Dentro do sobre, nun folio incluiranse os seguintes datos: 1.Nome e apelidos 2.Pseudónimo 3.D.N.I. 4.Data de nacemento 5.Enderezo 6.Correo electrónico 7.Teléfono de contacto 8.Título da obra e breve apunte sobre a mesma. 9.Lugar onde foi tomada a fotografía. 7.- O prazo de presentación das fotografías remata o luns 14 de novembro do 2016. 8.- Os premios serán fallados polo xurado, nomeado pola xunta directiva do Obradoiro. O xurado realizará unha selección previa das fotografías que comporán unha exposición final, e sobre estas, outorgará os premios existentes, sendo o seu fallo inapelábel. 9.- Entregaranse os seguintes premios: -Premio á Mellor Fotografía 200 € Categoría Adultos: -1º Premio Adultos 150 € -2º Premio Adultos 100 € Categoría Xuvenís -1º Premio Xuvenís 100 € -2º Premio Xuvenís 50 € Os premios non poderán ser declarados desertos, e a mesma persoa non poderá ser motivo de máis dun deles. 10.- As fotos premiadas serán elixidas a finais de novembro do 2016 e colgado o fallo no portal de Internet o facebook e o twitter do obradoiro para as súas consultas. A entrega de premios ós galardoados, que serán avisados coa suficiente antelación, farase durante un evento organizado a tal efecto polo obradoiro. 11.- O Obradoiro exporá virtualmente as mellores fotos presentadas na Web www.estudoslocais.org e nas redes sociais de facebook e twitter e fisicamente nun lugar elixido para tal ocasión, indicando sempre o nome do autor das mesmas. 12.- Os participantes ceden en exclusiva ó Obradoiro, ademais das fotos, todos os dereitos de propiedade intelectual de todas as fotos presentadas, así como os dereitos de reprodución ,distribución e comunicación pública, e calquera outro dereito de explotación que puidera ter lugar. Igualmente ceden o dereito de transformar a fotografía a soporte dixital para a súa publicación no portal de Internet e nas redes sociais do Obradoiro. 13.- Os participantes ó concursar eximen totalmente ó Obradoiro de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou outra transgresión da lexislación vixente dalgún dos participantes. 14.- Todas as continxencias non previstas nestas bases serán resoltas pola Xunta Directiva do Obradoiro, sendo as súas resolucións igualmente inapelables. 15.-Non terán validez as fotos que foron manipuladas por programas informáticos . 16.- As bases permanecerán visibles dende a páxina Web, facebook e twitter do Obradoiro mentres que dure o concurso fotográfico. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

volver