PRESENTACIÓN
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOTICIAS
  LOCALIZACIÓN
  ENLACES
  CONTACTO
Visita Parque Arqueolóxico de Tourón (Pontecaldelas)
O Obradoiro de Estudos Locais "Fernando Monroy" e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan e convidan o día 21 de agosto de 2015, venres a unha visita guiada ós petrógrifos do Parque Arqueolóxico de Tourón (Pontecaldelas). No lugar,xuntámonos ás 21h na caseta de información do Parque Arqueolóxico donde Xosé Lois Vilar Pedreira falará sobre o tema das escenas de caza na arte rupestre galega-portuguesa. Pasearemos polas principais superficies gravadas de Tourón que se contan entre as mellores escenas de caza de Europa. SAÍDA ORGANIZADA DENDE A CURVA DO MURALLÓN EN CESANTES AS 20:00 HORAS (Donde se fai a fogueira de San Xoán) Consultas:Telf.670 22 43 52 Web: www.estudoslocais.org E-mail: obradoiro@estudoslocais.org Facebook:Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy A visita será nocturna axudados pola luz rasante de focos. Levade lanterna, calzado ó xeito para camiñar e roupa de abrigo porque en agosto frío no rostro. Desexando que a nova sea do seu agrado dende a xunta directiva enviamoslles un saúdo e animamosvos a participar.

volver