PRESENTACIÓN
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOTICIAS
  LOCALIZACIÓN
  ENLACES
  CONTACTO
PRESENTACIÓN

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy é unha asociación cultural fundada en Cesantes (Redondela) o día 11 de marzo de 2005. O nacemento do Obradoiro pretende a axeitada continuación do traballo social iniciado por Fernando Monroy Sobral a prol do pobo de Cesantes, promovendo o desenvolvemento cultural na parroquia e na súa área de influencia. Segundo se recolle nos seus Estatutos, o seu ámbito de actuación circunscríbese a Cesantes a nivel particular, e a Redondela e a toda Galicia a nivel xeral. Os seus fins son:

1. Divulga-los principais aspectos da vida e obra social de Fernando Monroy Sobral.

2. Promover e divulgar estudos sobre a historia de Cesantes, e sobre outros aspectos xerais que sexan de interese para o pobo.

3. Crear un museo-biblioteca onde se recollan os traballos do Obradoiro, así coma aqueloutros que non se tendo feito no seo do mesmo, a xuízo deste, se consideren convenientes ou necesarios para a consecución dos seus obxectivos.

4. Protexe-lo patrimonio de Cesantes en calquera das súas manifestacións e realizar cantas accións fosen precisas para a súa conservación, mantemento e acrecentamento, co fin de que as xeracións vindeiras coñezan a historia e o patrimonio da parroquia.

Asemade, o Obradoiro ten proxectada a creación dunha sección xuvenil coa finalidade de fomenta-lo asociacionismo entre os máis novos. Deste xeito, preténdese consegui-la participación de cada un dos habitantes do pobo e de tódolos interesados na conservación e no coñecemento do noso patrimonio cultural, para crear unha rede que contribúa ó achegamento de tódolos barrios da parroquia.